Mel de Galicia

Mel de Galicia é un produto natural e fresco que se elabora de forma artesanal
Este Consello Regulador é o que máis mel certifica en España, representando o 58% do total certificado no país. Mel de Galicia destaca polo seu alto contido en antioxidantes e vitamina C, froito duns florais irrepetibles que lle dan un perfil organoléptico único. A tradición artesanal dos apicultores, xunto con esta flora diversa, permite a elaboración de meles monoflorais de breixo, castiñeiro, silva e eucalipto, así como meles de bosque e multiflorais que destacan pola súa calidade e sabor.
Tipos de mel
multifloral

O mel multifloral procede do néctar de diversas especies florais, sen que ningunha predomine claramente. A súa cor, aroma e sabor son variables, reflectindo a diversidade da flora e da época de recolección.
monofloral

O mel monofloral prodúcese cando as abellas recollen néctar e pole principalmente dunha mesma especie de flor (breixo, castiñeiro, eucalipto ou silva), o que lle confire a cada variedade unha cor, aroma e sabor propios e recoñecibles.
de bosque

O mel de bosque non procede do néctar das flores, senón das secrecións doces (melada) extraídas das follas e cascas das árbores. Adoita ser de cor escura, sabor intenso e menos doce, cun perfil máis mineral e balsámico.


Consello Regulador
O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia é o organismo ao que se atribúe a xestión da denominación e o que se encarga de controlar, amparar e certificar o “Mel de Galicia”, identificando esta certificación coa súa contraetiqueta correspondente, que é o aval de que esta mel cumpre con todos e cada un dos requisitos de calidade reflectidos no prego de condicións.

Catas oficiais de Galicia
Para premiar a excelencia do noso agro, a Consellería do Medio Rural, en colaboración cos consellos reguladores das catro denominacións de orixe protexidas de queixos galegos e da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, celebra anualmente as Catas de Galicia, unhas distincións ateigadas de orgullo por dúas das producións máis senlleiras da nosa terra: o queixo e o mel.
Con estes galardóns recoñécese o saber secular de produtores e elaboradores galegos, o seu sacrificio, esforzo e bo facer á hora de ofrecernos produtos de gran personalidade e calidade.
Sen dúbida algunha, os meles e os queixos acollidos ás indicacións xeográficas protexidas e denominacións de orixe protexidas de Galicia, son xoias culinarias dignas de encomiar e preservar.

Rica en minerais, vitaminas e proteinas, o auténtico ouro doce da natureza
Receitas
Alimenta un modo de vida
Utiliza Mel de Galicia para adozar os teus mellores momentos. Aquí ensinámosche algunhas formas creativas de usalo no teu día a día.

Falso coulant de iogur ecolóxico e Mel de Galicia











